Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Recoñecemento da Experiencia Profesional
01 | 03 | 2021
Recoñecemento da Experiencia Profesional

 
Centro de Información á Muller

 

Convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

No DOG núm. 8 do 14 de xaneiro publicouse a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais.
Esta orde ten por obxecto realizar a convocatoria para o ano 2021, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do procedemento: TR305A) para un total de 1.209 prazas, nas unidades de competencia que se indican no anexo I e cun total de 4.140 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

•    Atención sociosanitaria persoas no domicilio. 325 prazas.
•    Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. 225 prazas.
•    Socorrismo en espazos acuáticos naturais. 150 prazas.
•    Socorrismo en instalacións acuáticas. 150 prazas.
•    Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural. 150 prazas.
•    Vixilancia e seguridade privada: 162 prazas.
•    Servizos para o control de pragas: 47 prazas para persoas en lista definitiva de espera. Esta cualificación non admite novas solicitudes nesta convocatoria.

O prazo de inscrición é dende o 15 de xaneiro de 2021 ao 11 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

Para poder presentarse deberán posuírse os seguintes requisitos:
•    Ter experiencia laboral de alomenos 3 anos nos últimos 10 anos.
•    Ou ter cursos de formación relacionados coa cualificación á que se queira presentar de 300 horas realizados nos últimos 10 anos.

Máis información no Servizo de Orientación Laboral do CIM.

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio