Galician English French German Spanish
Inicio
30 | 11 | 2021
I Xornada do cocido do Porco Celta
      

 

 
Sarria acolleu a primeira edición da xornada do cocido de porco celta, denominada A Posta dá comarca. O evento gastronómico, organizado por asociacións e hosteleros da comarca co respaldo do Concello de Sarria e Medio Rural, celebrouse no polideportivo dos institutos e asistiron ao redor de 400 comensais.

Todos os produtos eran da zona, incluído o viño que acompañou á comida que era da Ribeira Sacra.

Os organizadores acordaron dedicar cada edición a unha rama das ciencias e no estreo decidiron homenaxear aos medios de comunicación.
Ao final do acto realizaron os primeiros nombramentos de tixoleiros e cazoleiras, que recaeron nos distintos representantes dos medios que asistiron, así como na mestra de cerimonias, Sonia López.

Na segunda edición deste certamen gastronómico o gremio que será homenaxeado será o das ciencias sociais.

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio