Galician English French German Spanish
Inicio
12 | 05 | 2021
Exposición fotográfica: Punto e seguido

 

Exposición fotográfica: Punto e seguido.
A vida despois do dano cerebral adquirido.

Exposición fotográfica: Punto e seguido.

Antiga Prisión Preventiva- Oficina Municipal de Turismo. Avda. da Mercede, 8

  • Do 14 ao 23 de abril
  • De 10:30h a 13:30h

A Exposición “Punto e Seguido”, trátase dunha mostra fotográfica que pretende acercar á cidadanía o traballo realizado polas entidades de dano cerebral de Galicia, así como a posibilidade de refacer os proxectos de vida das persoas e familias con dano cerebral, despois de que se produce o mesmo.

"Algunhas persoas defíneno como un abismo; un cambio enorme, un tsunami. Como algo que pon todo patas arriba. Como unha ferida. O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que cada ano se presenta nas vidas dunhas 7.000 familias galegas, dándolle a volta a proxectos vitais, parellas, amizades, veciñanza. Converte a persoas traballadoras en dependentes, a parellas e familiares en coidadoras, a nenos e nenas en mestres dun pai ou dunha nai que esqueceu como sumar ou como escribir. Deixa fogares que se teñen que recompoñer, casas que se teñen que transformar, economías que se teñen que adaptar, relacións e roles que se teñen que reorganizar. Un puzzle para o que as familias non contan con toda a axuda que precisan. Un ictus ou un accidente de tráfico son cuestión de segundos. Un punto e seguido para o que virá despois. Secuelas visibles e invisibles. Orgánicas, físicas, sensoriais, cognitivas, emocionais, condutuais, económicas, sociais. Pero tamén apoio, rehabilitación, novos proxectos de vida, novas relacións, novas leccións, novos gustos e intereses. A Federación e as asociacións galegas de dano cerebral queremos, con estas fotografías, achegarte á realidade das persoas con dano cerebral adquirido. Abrirche a porta das nosas casas. Amosarche que o dano cerebral non é un punto final. Que é un punto e seguido para unha nova vida".

 

Exposición fotográfica: Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido.

 

Organiza:

Exposición fotográfica: Punto e seguido.

Colabora:

Xunta de Galicia

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio