Galician English French German Spanish
Inicio
22 | 04 | 2021
Exposición Fotográfica MULHERES de Mercedes Váquez Saavedra

 
Exposición Fotográfica MULHERES de Mercedes Váquez Saavedra

  • Antiga Prisión Preventiva de Sarria
  • Do 8 de marzo ao 9 de abril de 2021
  • De luns a venres de 10:30h a 13:30h
  • Outro horario consultar: (+34) 982 535 000 ou (+34) 982 530 668

O proxecto da autora comenzou en Pitôes das Junias (Montealegre), por ser unha aldea que conserva trazos do comunitarismo na veciñanza, pero especialmente débese á relación coas mulheres de idade, e outras MULHERES que foron fotografadas, despois de longas conversas e de convivir con elas na aldea. As conversas e vivenzas coas MULHERES da raia, levaronna a ter unha fermosa amizade con elas, e pouco a pouco xurdiu un irmanamento moi forte.

AS MULHERES DA RAIA SON MULHERES FORTES, BRAVAS, BANDEIRA, MOI TRABALLADORAS, MULHERES que foron pais e nais, cando os homes marcharon, e elas quedaron ao coidado do gando e da facenda, das casas e dos fillos, foi entón, cando as mulheres participaron nos trafegos típicos das fronteiras.

“Son coma nos” din, o que é certo. As mulheres de máis idade as que rondaban os 100, contaron que súas nais axudaran aos escapados despois da "guerra dos españois", e incluso algunha destas mulheres sendo case unhas mozas, vixiaban cando súas nais levaban aos galegos polo monte, esa axuda foi por humanidade, elas non sabían de política, “Como non iamos a axudar se eran galegos, os nosos irmáns”.

Tamén fotografiou ás Mulheres de Covelâes, Montealegre, Padornelo e Salto, e máis ás mulheres arraianas galegas de Gundimil e Requiáns, mesmo na raia e do Xurés. Mais outras foron as MULHERES coas que falou e fotografou, especialmente as mulheres de CASTRO LABOREIRO (Melgaço) , mesmo na raia, con costumes moi arraigados deste comunitarismo.

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio