Xela Arias: Letras Galegas 2021 |
![]() O pasado 4 de marzo, día en que Xela Arias cumpriría 59 anos, comezamos en Sarria os actos de homenaxe con motivo das Letras Galegas 2021. E fixémolo da mellor maneira posible: coa inauguración da exposición "Xela, aquela nena de Sarria", obra do colectivo Egeria. A exposición comezou no IES Xograr Afonso o seu periplo por todos os centros educativos do municipio, co que todos os nosos estudantes poderán achegarse á vida e obra e sobre todo, nenez, desta sarriá. Os que xa terminamos os nosos estudos podemos vela na exposición da web e na exposición do Museo Virtual Egeria O concello sarriao quere agradecer ao Colectivo Egeria, á Secretaría Xeral de Política Lingüística, á Real Academia Galega e moi especialmente á familia de Xela que a fixeran posible.
Promove: Colabora
Patrocina: |