Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Resoando no Camiño Francés
28 | 10 | 2021
Resoando no Camiño Francés

 

  • Resoando no Camiño FrancésDía: 25 de xullo
  • Hora: 20:00h.
  • Lugar: Mosterio da Magdalena

Unha viaxe pola historia a través da música en enclaves únicos do patrimonio galego, nun ciclo de seis concertos con instrumentos da Antigüidade
O músico sarriao, que recupera instrumentos perdidos no tempo para crear novas sonoridades, inicia unha serie de concertos en municipios do Camiño Francés.

O ciclo comeza este 24 de xullo en Monterroso e rematará o 3 de agosto en Palas de Rei, despois de pasar por Arzúa e Sarria (o 25/7) e Melide e Triacastela (o 1/8).

Os espectáculos localízanse en monumentos patrimoniais, para conectar o ancestral coa modernidade a través de instrumentos do pasado.

O karnyx, unha trompeta celta da Idade de Ferro, ou a corna, que aparece xa nos textos de Alfonso X, son algúns dos instrumentos que recupera o músico.

Cupeiro non só mantén unha búsqueda incesante das fontes orixinais, senón que as funde co contemporáneo para crear un novo e sorprendente discurso.

 

 

 

 

Oficina de Turismo do Concello de Sarria

Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio