Galician English French German Spanish
Inicio
17 | 09 | 2021
Programa de Observación Astronómica Camiños de Estrelas

 
 Programa de Observación Astronómica Camiños de Estrelas

Observación nocturna do ceo de verán.

Actividade dirixida ao público en xeral.

3 de agosto de 2021 ás 22:30h na Casa da Cultura de Sarria (capacidade limitada).

Incricións (en horario de Biblioteca)

Biblioteca Pública Municipal "Camilo Gonsar", Rúa Marqués de Ugena s/n, T. 982 53 07 23



Dentro de dous programas organizados baixo o paraugas do XACOBEO 21-22, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller desenvolverá actividades de divulgación este verán nunha morea de localidades espalladas por toda Galicia.

Realizaráse unha charla previa sobre cuestións astronómicas de interese para logo pasar ás observacións, tanto a simple vista, de recoñecemento de constelacións, identificación do triángulo de verán e mesmo da Vía Láctea; coma observacións telescópicas con instrumental levado polo propio Observatorio.

Neste caso, os planetas, estrelas dobres, nebulosas e cúmulos estelares serán o obxectivo principal, mesmo a Lúa se é o caso.

Durante as sesións, o público, que deberá respetar escrupulosamente as medidas sanitarias vixentes, será informado sobre as características físicas de cada astro observado, mitoloxía e demais datos adicionais, coa finalidade de que a velada sexa non só un interesante encontro científico-cultural, senón unha forma tamén de pasalo ben dun xeito seguro nas nosas fermosas noites estivais

Os concellos de Melide, Portomarín , Sarria, Mondoñedo, Arzúa, Ribadeo, O Pino, Fisterra e Santiago de Compostela, disfrutarán así mesmo destas actividades dentro do programa CAMIÑOS DE ESTRELAS, organizado polo Consejo Jacobeo, a través da iniciativa e coordinación técnica de Turismo de Galicia, en cinco Comunidades Autónomas: Aragón (3 sesións), Asturias, (2), Cantabria (3), Castilla y León (7) y Galicia (9). A coordinación científica deste macro proxecto corre a cargo do profesor José Ángel Docobo, contando coa colaboración das seguintes organizacións:
Agrupación Astronómica de Burgos, Agrupación Astronómica Cántabra, Agrupación Astronómica de Huesca, Agrupación Astronómica Palentina, Asociación Cielos Despejados de Oviedo, Asociación Leonesa de Astronomía y la Sociedad Astronómica Asturiana OMEGA.


 

 

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio