Galician English French German Spanish
Inicio
30 | 11 | 2021
Circuito Galego de Teatro Amador 2021

 
Circuíto Galego de Teatro Amador 2021

A Federación Galega de teatro Afeccionado, despois de conseguir o Premio da Cultura Galega 2021 en artes escénicas, tráenos a Sarria, a través de REBULDEIRA TEATRO, o Circuíto Galego de Teatro Amador 2021.

Un circuíto da FEGATEA que consiste nunha programación de catro funciones teatrais por sedes repartidas por toda Galicia, onde os grupos actuarán fóra do seu círculo xeográfico. Desta forma o circuíto promove a mobilidade xeográfica dos grupos de teatro.

Será durante todo o mes de novembro, nas datas, horas e coas obras que podedes ver no cartel.

Grazas a Rebuldeira Teatro e a todos os rebuldeiros, que seguen facéndonos partícipes do moito e bo que se fai en teatro en galego nun ano tan duro e difícil.

 

Entrada libre con medidas covid

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio