Inicio
01 | 12 | 2022
Concertos Xacobeo no interior

 
Xacobeo No Interior. Guadi Galego + De Vacas

Concertos Xacobeo no Interior

Venres 1 de xullo de 2022, ás 21:00h
Praza da Vila

O 1 de xullo arranca en Sarria o Ciclo de Concertos Xacobeo no Interior, que levará a mellor música ao interior de Lugo e Ourense.
O Ciclo Xacobeo no Interior é unha aposta pola música en galego e de calidade, pensado para achegar a mellor música galega á veciñanza e camiñantes, apoiando a promoción das nosas músicas e dos propios entornos rurais atravesados polo Camiño.
Xacobeo no Interior mestura diferentes estilos que viaxan dende o pop ata á tradición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor.
As vilas de Sarria, A Rúa e Monterrei acollerán a artistas da talla de Guadi Galego, De Vacas, Leilía Uxía & Javier Ruibal ou Os D’abaixo
O Ciclo enmárcase dentro dos concertosdoxacobeo.gal e conta co apoio de Xacobeo21-22 Xunta de Galicia.

GUADI GALEGO
Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual. Actualmente está en xira co seu último disco, Costuras. Este traballo aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é.

DE VACAS
De Vacas son a Marela, a Pinta, a Morena e a Rubia. Son tamén Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme
Fernández. Fan versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Dende as Spice Girls ata o Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias. Son coñecidas por grandes xites como Amodiño, Noite e Día, El anillo pa’cuando?

 

Entrada libre e gratuita

 

 

 

Xunta de Galicia

 

  Compartir
Cartel
document.write("<\/div>")

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio