Inicio Concello Cultura Concertos do Xacobeo – Roi Casal - As músicas do Camiño
01 | 12 | 2022
Concertos do Xacobeo – Roi Casal - As músicas do Camiño

 
As músicas do camiño


Sábado 16 de xullo de 2022, ás 22:30 na Praza da Vila.


O compositor e cantante galego Roi Casal comeza a súa xira nos Concertos do Xacobeo en Sarria.

A cita será o vindeiro sábado 16 de xullo, ás 22:30 na Praza da Vila, onde poderemos ser partícipes do seu virtuosismo coa arpa céltica e a zanfona, instrumentos milenarios do noso país.

Roi Casal foi integrante da mítica banda galega Milladoiro entre os anos 2000 e 2009.

A súa carreira artística en solitario comeza en 2009, coa publicación do álbum Lendas Douradas, ao que seguiron Maxicamente Vello (2011) e Donos do noso destino (2014). Os tres traballos foron aclamados pola crítica especializada e convertéronse en número un en vendas en Galicia cada ano dos seus respectivos lanzamentos.

A súa música serviu ademais de banda sonora para producións cinematográficas e de TV en distintos países.

As súas xiras chegaron a Xapón, Arxentina, EEUU, Suiza, Uruguai, Portugal ou Alemania entre outras nacións.


 

Entrada libre e gratuita

 

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel
document.write("<\/div>")

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio