Inicio Concello Cultura Danza no Camiño
01 | 12 | 2022
Danza no Camiño

 
Danza no Camiño


Mércores 20 de xullo de 2022, ás 21:30h na Praza da Vila

Por primeira vez, o certame DANZA NO CAMIÑO chega a tres cidades galegas do Camiño: Sarria, Portomarín e Santiago.  Esta iniciativa celébrase no marco do 21º Festival Internacional de Coreografía Burgos & Nova York. Son tres espectáculos que teñen en común a súa particular forma de vincular a danza contemporánea, as novas linguaxes coreográficos urbanos e a monumental arquitectura do Camiño de Santiago.
'Dystopian', da formación italo española afincada en Alemaña Frantics Dance Company; 'Simposio', dos italianos Bellanda Company; e 'Estancia paisaxe', unha creación conxunta Esther Latorre e Hugo Pereira, compoñentes de Cía. Colectivo Glovo (galega), e os intérpretes Fran Martínez e Paula Quintas.
Estes tres traballos poderán optar a un total de 21.000 euros en galardóns. Cada un dos tres coreógrafos seleccionados para a súa participación no Certame recibirá 3.000 euros e o gañador que designe o xurado popular, formado polo público asistente ata completar 20 persoas, en cada unha das doce representacións, recibirá 1.000 euros adicionais.
En Sarria poderemos gozar deste gran espectáculo o día 20 de xullo ás 21:30 horas. Certamente somos uns privilexiados, do mesmo xeito que os cidadáns de Burgos, Astorga, Santiago e León e mesmo Bilbao, xa que pecharán o certame no atrio principal do Museo Guggenheim.

 

 

Itinerario Danza no Camiño

Concello de Sarria
 
  Compartir
Cartel
document.write("<\/div>")

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio