Inicio
01 | 12 | 2022
Festival Ribela Love&Nature

 
Ribela Love&Nature Fest

 

20 de agosto de 2022 a partir das 13:00h.

Lugar: Ribela 1 - Sarria.



A primeira edición do festival que terá lugar o 20 de agosto, contará cunha incrible localización, apartado estratexicamente nunha contorna totalmente natural.
No festival non só se poderá gozar da música da man de 11 grupos e artistas emerxentes naturais de Galicia, senón que tamén haberá opción de descansar na zona de “relax”, divertirse na zona de xogos, comer ao aire libre comodamente na zona habilitada para iso.

Unha proposta diferente, innovadora e respectuosa coas persoas e á natureza, con estilos musicais que quizais se sitúan fóra do común nunha poboación tan pequena, e pensada para que a xente se anime a pasar un día diferente nunha contorna única, cun ambiente familiar, boa música e actividades varias.

 

 

 

Venda de entradas en: https://www.eventbrite.com/e/entradas-ribela-lovenature-360294128437

 

 

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel
document.write("<\/div>")

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio