Inicio Concello Cultura A Vía Láctea e Outros Motivos Xacobeos do Camiño
01 | 10 | 2022
A Vía Láctea e Outros Motivos Xacobeos do Camiño

 
A Vía Láctea e Otros Motivos Xacobeos do Camiño. O teu Xacobeo


Sesión astronómica para todos os públicos.
Luns 29 de agosto de 2022, na Casa da Cultura de Sarria.

  • 21:30h Charla no salón de actos.
  • 22:15h Observación no xardín.


O Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela organiza no presente verán, dentro do XACOBEO 21-22, o programa de divulgación "A VÍA LÁCTEA E OUTROS MOTIVOS XACOBEOS DO CAMIÑO (O TEU XACOBEO)".

Dentro do programa, expertos do OARMA, achegaranse a diversas localidades galegas para realizar presentacións sobre temas astronómicos de interese e seguidamente levar a cabo observacións a simple vista de recoñecemento de constelacións, identificación do chamado triángulo de verán, e mesmo da Vía Láctea, e tamén observacións con telescopios de planetas, estrelas dobres, nebulosas, cúmulos estelares, etc.

Todo elo acompañado de comentarios sobre as características físicas dos obxectos a visionar, mitoloxía, anécdotas, etc. co obxecto de poder completar á vez unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas e ao mesmo tempo desfrutar con seguridade das nosas fermosas noites de verán.




Capacidade limitada. Inscricións na Biblioteca Municipal "Camilo Gonsar"




Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel
document.write("<\/div>")

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio