Bonificación 90% IBI |
![]() Ponse en coñecemento de todos os veciños/as do Concello de Sarria, que o próximo día 9 de Decembro comeza o prazo para solicitar a bonificación do 90% do IBI, para os terrenos e parcelas que estean dentro das delimitacións dos Núcleos Rurais, para o próximo exercizo 2023.
O prazo de “presentación” das solicitudes, para que produzan efectos no exercizo 2023, iniciarase o 9 de Decembro e rematará o 31 de Decembro de 2022. Visto o breve prazo de presentación das solicitudes, anímase aos interesados a “preparar” toda a documentación requerida coa suficiente antelación para evitar problemas de presentación, que poderá ser retirada desde a publicación deste BANDO nas oficinas do Concello
O que se fai público para coñecemento xeral. Sarria, a 02 de febreiro de 2016 A ALCALDESA – PRESIDENTA
Asdo.: María del Pilar López Yáñez |