Galician English French German Spanish
Inicio Concello Medio Ambiente 300 abetos plantados polos alumnos do Frei Luis de Granada
21 | 05 | 2019
300 abetos plantados polos alumnos do Frei Luis de Granada
      
 
 

O vindeiro sábado, 21 de marzo, celebrarase o Día Mundial da Árbore, anticipándose a este día alumnos do colexio Frei Luís de Granada plantaron 300 abetos autóctonos no antigo vertedero de Treilán. O acto foi organizado por Voz Natura e o Área de Medio Ambiente do Concello, sendo doados os abetos por Viveros Cabaleiros.



A este acto asistiron, por parte de Voz Natura, o portavoz e secretario do comité científico, José Antonio Díaz e a coordinadora, Nazareth Díaz, e Miguel Anxo Cabana, delegado da Voz en Lugo, por parte do colexio, o seu director Antón Soengas e por parte do Concello de Sarria, Claudio Garrido, Alcalde de Sarria, Francisco Javier García, Concelleiro do Área de Medio Ambiente e os Concelleiros Xermán Arias, Violeta Bernardo e Manuel López.



Logo dun pequeno descanso acompañado dun refrigerio, os nenos e autoridades dirixíronse ao Mazo de Arxemil. 

 

 
 
 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio