Inicio
01 | 12 | 2022
XIV Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración
       
 

Arrinca este ano a organización da XIV Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración, con moitas novidades con respecto aos anos anteriores. Sendo xa unha cita consolidada na axenda, é un marco incomparable para dar a coñecer todos os encantos do noso municipio e da nosa comarca.

Dende a oficina de Turismo o ano pasado fíxose un gran esforzo nese senso, trasladáronse alí os servizos de información e asesoramento dos turistas e dado a boa acollida que tivemos, este ano plantexámonos ir un pouco máis alá. Queremos que se vexa unha imaxe de Sarria moderna, renovada, que aposta polas novas tecnoloxías da información, e é neste terreo no que este ano faremos o maior esforzo.

  

Novidades máis destacadas:

  • Faremos un importante esforzo en publicidade, pero nunha publicidade un pouco diferente, a maior parte da inversión en publicidade que realice o Concello o fará en soporte dixital.
  • Unido co punto anterior, e dada a afluencia de visitas ao propio portal do Concello crearemos un apartado específico na parte de Turismo, xa non só da Feira en concreto que tamén, senón do tema das antigüidades e a restauración que queremos se converta nun estandarte do noso municipio.      
  • Seguimos coa modernización dixital e estamos a traballar noutra idea que nos parece moi interesante que está estreitamente ligada cos teléfonos móbiles e a tecnoloxía bluetooth, deste xeito calquera persoa que se achegue a ver a Feira, poderá no momento recibir mediante bluetooth a información relacionada co noso concello.
  • Tentaremos nesta nova edición dar unha imaxe de modernidade, para iso estamos traballando tamén, na creación dun novo logo corporativo da Feira de San Lázaro que cambiará sustancialmente a imaxe que de nós teñen os visitantes foráneos. Neste mesmo terreo nos movemos ao falar dunha nova distribución das carpas na Rúa do Porvir, sé central da Feira.
  • Outra das novidades será que na Casa da Cultura, lugar onde habitualmente se viña celebrando unha exposición de artesanía, este ano cobrarán unha especial importancia as antigüidades, tamén, xa que alí se situarán os anticuarios de fóra da Comarca de Sarria, con pequenos artigos de restauración para poder crear así unha especie de mercadiño de antigüidades. A exposición de artesanía quedaría aprazada para outra data, sen que en ningún momento se prevexa suspendela, xa que tanto o valor coma o éxito da mesma é moi alto.
 

  Compartir
Cartel
document.write("<\/div>")

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio