Galician English French German Spanish
Inicio
30 | 11 | 2021
Escolares realizaron unha visita guiada pola exposición "Galicia Biodiversidade"
    
 

  

O 23 e o 24 de abril escolares dos colexios Frei Luis de Granada , Asución e Convento realizaron unha visita guiada pola exposición "Galcia Biodiversidade" que tivo lugar na Casa da Cultura, na que se lles explicou a composición dos distintos paneis.

 

Rías, bosques, montañas, ríos, canóns, lagoas, illas, praias, dunas, matogueiras, esteiros…unha gran diversidade de ambientes que debuxan unha paisaxe única que non se pode comprender sen a presenza humana dende hai milleiros de anos.

 
 
Dende a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia pretendese amosar a diversidade de ecosistemas, de especies e de variedades xenéticas que se conservan en Galicia. Que se estimule a toma de conciencia sobre a importancia da conservación da biodiversidade. Ademais pretendese desenvolver comportamentos positivos cara á conservación das especies e dos seus hábitats e fomentar actitudes responsables que favorezan a conservación da natureza.

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio