O estado de LIMPEZA, SALUBRIDADE e ORNATO, de vías privadas e de moitos solares do centro urbano de SARRIA e OURAL, afectan moi negativamente á boa imaxe que todos debemos dar da nosa vila, á vez que se incumpre gravemente o desposto na“Ordenanza Municipal de Limpieza e Protección Medioambiental de Sarria” que entre outras cousas di:
Art. 2.- A limpieza das rúas e solares de dominio privado, deberá efectuarse polos seus propietarios. Art. 5. - 1- A limpeza de solares corresponderá os propietarios dos mesmos, … 2- Dende os solares particulares, non pode sobresair a vía pública ninguna clase de maleza, mirtos, matogueiras u otra clase de vexetación.
Deste xeito e por cuestións de interese xeral, faise un chamamento por esta Alcaldía a todos os propietarios de vías privadas e solares dentro do casco urbán de Sarria e Oural, para que colaboren no mantemento dun pobo limpo, coidado, e en perfectas condicións de ser gozado, tanto polos por veciños como por todos aqueles que teñan a ben visitarnos.
Polo anteriormente exposto, ponse en coñecemento dos propietarios de vías privadas e solares QUE DEBERÁN PROCEDER Á SÚA LIMPEZA E ADECENTAMENTO, DE FORMA VOLUNTARIA, ANTES DO 15 DE XUÑO DO PRESENTE ANO. De non ser así aplicaranse as medidas sancionadoras que contemplan a devantida Ordenanza e a Lei do Solo de Galicia, sancións de 200 € a 6.000 €. E chegado o caso, e por interes general, o Concello asumiría subsidiariamente as obrigacións do propietario e repercutiendo el coste de los mismos a los propietarios.