Galician English French German Spanish
Inicio
28 | 10 | 2021
Representación Teatral."A Volta do Parafuso"
    

 

 

Casa da Cultura.

Venres 19 de xuño 22:00h

O Teatro Arte Livre presenta o maior clasico do suspense de Henry James "A volta do Parafuso" ou Otra vuelta de Tuerca ou Os Inocentes , títulos que fixeran famoso o libro homónimo.

Conta a história dunha preceptora contratada para coidar dunha parella de cativos nunha casa de campo inglesa.

A preceptora ve o vulto terrorífico dun home. Pola descripción, tratáse dun antigo criado, Quint, xa falecido.

Ela despois convencese de que os fantasmas de Peter e da antiga preceptora, aparecen para os seus discípulos.

   
     
Este espectáculo fixo temporada con grande éxito de público e crítica en Valencia e Brasil (en 7 importantes cidades ) permanecendo dous anos en carteleira.

Agora fai a súa estréa en Vigo no Teatro Arte Livre.

Roberto Cordovani (mellor actor de Londres, Madrid e Santiago de Compostela), ademáis do premio do Festival Internacional de Teatro en Edimburgo pólas súas interpretación de Eva Perón e Greta Garbo, interpreta a institutriz  e Eisenhower Moreno interpreta a misteriosa ama de chaves e tamén ao neno Miles, nun xogo de mutación e suspense.

Un xogo dramático e mordaz de ambos os actores reforzando o universo de James e evocando temas como a pedofília, a frustración, represión e soidade destas duas mulleres nunha grande casa de campo na fraga Inglesa, onde o vento, a choiva e o lusco fusco é unha constante ameaza na cabeza destas empregadas en Bly.

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio