Galician English French German Spanish
Inicio
28 | 10 | 2021
Noite de Lume. L'Avalot presenta "Dinomaquia2"
    

 

 
Nas minas transilvanas do Doutor Maddock apareceron infinidade de ósos de dinosauro e outros animais antediluvianos. El e os seus estraños pero moi fieis mineros reconstrúen laboriosamente os esqueletos destes xigantes do pasado. Debido aos seus escasos coñecementos en paleontología, moitas veces os ósos mestúranse e os dinoesqueletos do Doutor convértense en fabulosos seres que nunca existiron. Pero pouco lles importa xa que o seu obxectivo non é mostrar en frías salas de museo esqueletos perfectamente ensamblados senón que estes dinoesqueletos sírvanlles para conquistar o mundo.

E así, utilizando cábala e electromagnetismo, conseguiron dar vida a estes vellos ósos polvorientos e mal montados e con eles pretenden conseguir os seus malignos obxectivos

Día: 23 de Xuño. "Noite de lume"

Lugar: Campo da Feira

Hora: 24:00h.

Grupo: L'Avalot


 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio