Galician English French German Spanish
Inicio
28 | 10 | 2021
Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico
    

 

 
A primeria axencia de ecoloxía urbana transfronteriza de Europa foi constituida este venres 10 de xullo no concello portugués de Vila Real  impulsada desde o Eixo Atlántico coa participación da Xunta de Galicia,  a través da consellería de Mediambiente, Territorio e Infraestructuras e da Axencia Portuguesa do Ambiente. A nova axencia terá a súa sede administrativa na vila portuguesa e o seu centro de formación na Eurocidade Chaves-Verín.

A Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico nace co obxectivo de xerar coñecemento, acumular capacidade intelectual no territorio da eurorrexión, tranferir este coñecemento aos concellos e traballar na formación de personal especializado.

Os primerios traballos da axencia será a creación dunha metabase de datos da situación dos municipios integrados no Eixo para desenvolver, a continuación proxectos que se ofrecerán as cidades do Eixo interesadas en implementar políticas de desenvolvemento sostible, impulsar os plans integráis de sostenibilidade urbana, as Axendas 21 e os plans de mobilidade.

Tras a reunión, os representantes municipais visitaron as obras da sede da axencia, que abrirá as súas portas oficialmente no mes de setembro, e asistiron a sinatura da súa constitución que fixeron o alcalde de Vila Real, Manuel Martins, xunto ao secretario xeral do Eixo Atlántico.

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio