Galician English French German Spanish
Inicio
28 | 10 | 2021
Encontro de cidadáns de Guerlèdan e Sárria

 

Foi en abril de 1998 cando o alcalde de Sárria, Arturo Corral Guitián, e o Maire de Mur-de-Bretagne ( Francia), Alain Auffret,  asinaron a  Carta de Irmandade entre Sárria e a Comunidade de  Comunas de Guerlèdan. Recibiu Sárria naquelas datas a 90 bretóns e como sinal do comenzo dunha expreicincia convivecila foi plantado no Canto o "Carballo de Guerlèdan"  que simboliza os  vencellos de unión entre as dúas comunidades, e  o fomento da convivencia entre cidadáns  galegos e bretóns,  o mutuo coñecemento das respectivas culturas  e a participación en actividades de exaltación do europeismo e da consolidación dos valores democráticos.

Neste ano 2009, entre os días  16 e 21 de xullo perto de 50 guerlèdians foron acollidos por familias sarriás , nas súas casas, e no cadro das actividades do XIII Encontro Convivencial, no que tomaron parte persoas de diferentes idades, sendo de destacar a presenza do Maire de Mur, Georges Tilly, e da Deputada  do Consello Xeral de Côtes d'Armor, Monique Le Clezio, que por vez primeira visitaron rria.

Estes representantes oficiais  aproveitaron a súa presenza en Galicia para facer unha visita á Deputación Provincial de Lugo , onde foron recibidos polo Presidente  desta institución, Sr. Gómez  Besteiro, e como froito das conversas mantidas  xurdirán liñas de colaboración e potenciación de actividades e  compartir experiencias, que poden dar un novo xiro aos encontros entre cidadáns, que en rria e outras localidades veñen potenciando Asociacións e Comités empeñados na consolidación  desta experiencia transfronteiriza.

O programa de actos foi moi variado. Ademáis do Concello e da Deputación, colaboraron no seu desenvolvemento  a Asociación  Irmandade  rria-Guerlèdan, a Sociedade La Unión, o Grupo Eoas de rria  e as Asociaciòns Peleriños e Donicela. Toda esa colaboración  serviu  para o reforzamenrto dos lazos de  amizade que unen ás dúas comunidades  e aos seus cidadáns , en actos de carácter aberto nos que se implicaron directamente as 34 familias que acolleron nas súas casas aos visitantes guerlediáns.O día 16, en La Unión, tivo lugar o encontro "Sons de Galicia e Bretaña" no que participaon  Eoas e músicos bretóns.

 O día 17 guerledians e sarriaos visitaron Lugo, Ribadeo e Mondoñedo, dentro das programaciòns do KM 0 , organizadas pola Deputación Provincial de Lugo, e na Casa do Concello celebrouse o acto de renovación da Carta de Irmande, asinado polos dous alcaldes, Claudio Garrido Martíenz e Georges , acto no que ademáis interviron o presidente do Comité de Jumelage  murés  Philippe Remaud  e o presidente da Asociación Irmande rria - Guerlèdan , Xaime F. López Arias.

 

Carta de Irmande Guerlèdan-Sárria

O día 18 adicouse ao coñecemento das Fragas do Eume, Mosteiros de Caaveiro e Monfero e vila de  Pontedeume, e na Praia de Cabanas houbo unha convivencia entre mureses e sarriaos ,por unha banda ,e os integrantes da expedición de irmandamento das  Pontes de García Rodrìguez e a vila bretona de Lesneven, por outra,  ocasión que permitiu o establecemento de liñas de colaboración e programacón futura de actividades conxuntas . Rematou ese día cun baile en La Unión. O domingo día 19  adicouse pola mañá á facer unha camiñata pola fermasa rota da Foz das Aceas, e adicouse  a xornada á convivencia coas familias de acollida. O día 20, despois de visitar a Feira, os guerledians coñeceron a Casa da Cultura, e as actuaciòns sarriás en orde á integración de inmigrantes, pasando posteriormente a visitar o Salon d'Automne de París, na antiga Prisión Prevetiva . Pola tarde  programouse unha visita ao Parque Eólico da Serra do Páramo, e rematou a xornada coa tradicional Cea de Irmandade , que reuníu a unhas 120 persoas no Hotel Alfonso IX, onde ademáis disfrutaron dun animado sarao . O martes, día 21, os guerlediána iniciaron a viaxe de volta ás terras bretonas, levando con eles a un mozo da comarca , Xaime Fernández Castro ,  que vai pasar uns días en Mur de Bretagne , para perfeccionamento do idioma e participaciòn en actividades culturais

Ademáis dos actos convivenciais, que se alternan cada ano en rria e Mur,  os lazos de irmandade veñen reforzados pola presenza en rria, en cada primavera,  de escolares do Collège Paul Eluard e do Collège  Saint Josepf, que son acollidos no ,IES Gregorio Fernández, e , en ocasións, polo Colexio da Mercé e o Colexio da Asunción. Tamén se organizan estancias nunha e outra localidade, acollidos en familias, para que mozos e mozas galegos e bretóns estuden  e practiquen idiomas. Neste ano 2009 unha rapaza  de rria, Sara Garrido, está en Mur acollida  por unha familia muresa , da mesma maneira que en outras ocasións mozos e mozas de Guerlédan estiveron por tempo de un mes en rria coa finalidade de coñecer a lingua  castelá.
Outra actividade que se ven potenciando é a  da formación da Bilblioteca Galicia en Mur, coa que se pretende que un amplo fondo bibliogràfico e audiovisual recolla  canto se publica en Galicia, ao tempo que se facilitan publicacións para as clases de castelán que en Mur se imparten.  Ademáis Marie e Concello intercambian mensualmente  información e  , por exemplo, empregados municipais encargados dos labores de embelecemento floral desprazáronse a Mur , ou viñeron dende alí  a rria, para coñecer e dar a coñecer as técnicas empregadas.

 En resume,  ao longo destes once anos, persoas e familias de Mur e rria veñen laborando   de maneira desinteresada nas actividades de convivencia , para reforzar o muto coñecemento  e a solidariedade entre comunidades, ao tempo que ven medrar  a amizade xurdida entre persoas que, deixando á beira á diferenzas, son quen de sentar bases de entendemento e colaboración  
Para os anos 2009 e 2010 xorden novos retos, e así preténdese que dende a Deputación  Provincial de Lugo se tome coñecemento das actuacións xurdidas darredor do Lac de Guerlédan, que  ven a ser o motor do Pays de Guerlédan e do Pays de Korong,con  especial incidencia en actividades naúticas, de lecer, espazos vacacionais e para práctica dos deportes , como elementos dinamizadores dunha comarca interior. Por outra parte tamén se preende que  clubes deportivos da comarca de rria poidan participar en programacións deportvas que se celebran en Mur, con càracter internacional.


A programación e desenvolvemento das actividades relacionadas co Irmandamento con Guerlédan corren de conta da Asociación Cultural "Irmandade rria-Guerlédan " .- Rúa Pedro Saco 4.- rria, á que, por correo se poden dirixir os interesados en recibir información.

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio