Inicio
01 | 12 | 2022
Bando
    

 

O Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, vai proceder a facer unha Campaña Voluntaria de Vacinación Antirrábica e de Desparasitación contra o quiste hidatídico, neste termo municipal.

A campaña de vacinación farase casa por casa, toda vez que está prohibida a concentración de cans.

A OMS (Organización Mundial da Saúde) promove  organización de continuas campañas masivas de vacinación de cans.

Igualmente , co motivo da publicación no DOG (nº 92, 14-05-08) do Decreto 94/2008, polo que se establece o pasaporte e cartilla para os cans, gatos e furóns na Comunidade Autónoma de Galicia, comunícase a tódolos interesados que as cartillas emitidas con anterioridade á entrada en vigor deste Decreto manterán a súa validez ata a súa perda ou deterioración, ou ata que o animal vaia desprazarse a outro estado membro da Unión Europea, tendo que ser substituídas nestes casos polo modelo de pasaporte aprobado.

No caso de que o animal NON TEÑA CARTILLA SANITARIA, e teña que ser vacinado ou desparasitado necesitará a expedición dun pasaporte, para o cal debe estar identifcado cun microchip,  SE O ANIMAL XA TEN POSTO O MICROCHIP os veterinarios so lle expedirán o pasaporte pero SE NON ESTÁ IDENTIFICADO terán que poñerlle o microchip e expedirlle o pasaporte.

       Os prezos destes servizos son:

  • Vacina rabia e tratamento antiparásito contra a hidatidose:  15 €
  • Emisión nova cartilla-pasaporte:  2 €
  • Implantación do microchip con crédito alta Regiac:  33 €
  • Expedición crédito Regiac Cambio Titularidade:  10 €
  • Expedición crédito Regiac para microchip asumido:  15 €
  • Certificado Veterinario Oficial segundo normativa de cans potencialmente perigosos:  30 €

  

 

  Compartir
Cartel
document.write("<\/div>")

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio