Inicio
01 | 12 | 2022
Convocatoria de axudas á escolarización para o curso 2009/2010
    

 

 

O Concello de Sarria convoca un programa de axudas económicas á escolarización para o curso académico 2009/210 destinado a aquelas familias residentes no municipio que non dispoñan de ingresos suficientes para atende-los gastos orixinados polo comezo do curso escolar, entendendo por tales a compra de material escolar, vestiario e outros gastos directamente relacionados con el.

O prazo para a presentación das solicitudes será do 1 ao 19 de outubro do 2009, ambos inclusives. As solicitudes formularanse no modelo oficial que figura como anexo da convocatoria e presentaranse no rexistro oficial do Concello de Sarria, de 9:00 a 14:00 horas e en días hábiles, ou a través dalgunha das formas sinaladas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As bases da convocatoria e os impresos para a solicitude das axudas están a disposición dos interesados na Oficina de Servizos Sociais do Concello de Sarria.

 

CONVOCATORIA AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN

IMPRESO SOLICITUDE DE AXUDAS

  

 

  Compartir
Cartel
document.write("<\/div>")

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio