Galician English French German Spanish
Inicio
30 | 11 | 2021
"Internet maís preto de ti" Curso para maiores de 55 anos
  

 

 

 Internet máis preto de ti é un proxecto artellado por Fundeco (Fundación para a Defensa dos Consumidores) cofinanciado pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e polo Plan Avanza e Feder, co obxectivo de promocionar a Sociedade da Información na nosa comunidade.

En concreto, Internet máis preto de ti está plantexado para que os maiores de 55 anos, que xeralmene é o sector poboacional máis alonxado das novas tecnoloxías e con maiores dificultades para facer uso das mesmas, se aproximen a Internet e as súas utilidades dun xeito sinxelo e proveitoso.

Facer búsquedas aplicadas; Concertar citas co médico de cabeceira; Ler o xornal; crear contas de correos electrónico; Consultar as páxinas de organismos oficiais  e os seus boletíns como o IMSERSO, o DOG ou o BOE… son só algunhas das posibilidades que estarán a disposición dos maiores galegos totalmente de balde.

  • Día: venres 13 novembro de 2009
  • Horario: Sesións
    1. De 10:00 a 13:30 hs
    2. De 16:00 a 19:30 hs
    Cada obradoiro desenvolverase nunha única xornada de 6 horas de duración dividida en sesións de mañá e tarde.
  • Lugar: Telecentro (Planta Baixa da Casa da Cultura)

Para sacar o máximo proveito aos obradoiros impartiranse nos Telecentros de Comunicación das localidades antes indicadas, polas facilidades que brindan de cara a este proxecto formativo: aulas con 20 postos informáticos e equipamento de videoconferencia, o que permitirá, na última hora da xornada, conectar a multivideoconferencia entre os Telecentros de Comunicación participantes.

As prazas son limitadas (o número máximo de prazas é de 20 por cada localidade).

A inscrición pode realizarse chamando ao teléfono 981 56 93 04.

 

   
   
  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio