Galician English French German Spanish
Inicio
30 | 11 | 2021
Bases III Concurso de tapas. Tapicheo'09
    

 

Formulario Inscrición Tapicheo'09


REQUISITOS PARA PARTICIPAR

  1. Poderán participar todos os establecementos de hostalería de Sarria.
  2. Os establecementos participantes terán a obriga de permanecer abertos e de ofrecer as tapas durante todos os días que dure o concurso.
  3. Para poder formalizar a inscripción será obligatorio o ingreso dunha fianza de 30 € na ventaniña de Recaudación do Concello de Sarria. Esta fianza devolverase mediante o mesmo sistema a partir do día 11 de Decembro. No caso de incumprimento dos requisitos de participación non se reintegrará a fianza.
  4. A inscripción farase a través do Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Sarria mediante a ficha oficial de inscripción e adxuntando o xustificante de pago da fianza.
  5. So se aceptarán as fichas de inscripción rexistradas do día 9 ao 16 de Novembro de 2009, en horario de oficina ou a través da oficina virtual da páxina web do Concello de Sarria: www.sarria.es.

MODALIDADES

 

Existen dous tipos de modalidades: Tapa Innovadora e Tapa Tradicional. Cada establecemento poderá elaborar un máximo de dúas tapas. Permitirase a elaboración de un tipo de tapa por cada unha das modalidades do concurso se o desexa o establecemento, podendo así concursar nas dúas categorías ou ben nunha sola.

 

PREMIOS

Establécense os seguintes premios:

1º PREMIO DE TAPA INNOVADORA

2º PREMIO DE TAPA INNOVADORA

3º PREMIO DE TAPA INNOVADORA

1º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL

2º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL

3º PREMIO DE TAPA TRADICIONAL

FASES DO CONCURSO

Data e lugar de inscrición: do 9 ao 16 de Novembro a través do Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Sarria, na súa páxina web: www.sarria.es, O prazo finaliza o día 16 de Novembro ás 14.00h.

Duración do Concurso: O concurso desarrollarase durante a ponte da Constitución.

Entregaráselle a cada establecemento un cartel co cal quedará claramente identificado como participante do Tapicheo ´09, unha furna e mapas do tapeo para que os clientes poidan emitir o seu voto, terá que estar todo isto colocado nun lugar visible. O prezo de cada tapa estará comprendido entre 0,20€ e 2€.

Recollida de furnas e reconto de votos: a data límite para a recollida das furnas serán as 12.00h. do día 9 de Decembro. Do reconto dos votos emitidos polos consumidores sairán os gañadores do concurso, tres por cada modalidade.


 Organiza:

 Colabora:

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio