Galician English French German Spanish
Inicio
30 | 11 | 2021
Melloras no CEIP de Sarria e Oural, e no polideportivo do Chanto

 

O CEIP Frei Luís de Granada, no núcleo urbano de Sarria, conta cun tramo de muro de celosía de formigón totalmente deteriorado, polo que se considera urxente proceder á súa reposición. En canto ao CEIP de Oural, presenta no seu lateral dereito e posterior un cerramento de malla metálica oxidada e moi deteriorado, de modo que tamén é necesario proceder á súa renovación para garantir unhas adecuadas condicións de seguridade no centro escolar.
Por outra banda, o polideportivo de O Chanto presenta problemas de humidade debido a que nos seus dous laterais conta cuns forxados de formigón sen impermeabilización, os cales tamén carecen de cubrición, de modo que os mesmos constitúen unha entrada continua de auga en época de choiva. Por este motivo, preténdese a colocación dun panel de chapa prelacada simple para protección, e a disposición de canlóns e bajantes para recollida e evacuación de augas pluviais.

As unidades de obra a executar, consistirán en:

  • Retirada de cerramento de celosía existente no CEIP Frei Luís de Granada, e colocación de novo cerramento con celosía de formigón de iguais ou similares características ao existente.
  • Retirada de cerramento existente en lateral dereito e posterior CEIP Oural, roza e apertura de gabia para aloxamento de cimentación, execución de base con formigón para apoio de muro, e construción de cerramento mediante fábrica de bloque de 1 m de altura e malla metálica plastificada de 1,5 m de altura.
  • Colocación de cubrición con chapa prelacada simple en cuberta polideportivo, segundo localización definida en plano de planta, e os seus correspondentes canlóns e bajantes para recollida e evacuación de augas pluviais.
  • Partida alzada para cumprimento do plan de seguridade e saúde e demolición dos pozos de rexistro existentes.
  • Partida alzada para xestión de residuos xerados en obra.

Planta xeral CEIP Fray Luis de Granada

Planta xeral CEIP Oural

Planta xeral Polideportivo do Chanto

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio