Galician English French German Spanish
Inicio
30 | 11 | 2021
Presentación “Axenda Estratéxica Galicia Interior: Camiños de Innovación”

 

Eixo Atlantico. Axenda Estratéxica Galicia InteriorA Casa da Cultura acolleu a presentación da “Axenda Estratéxica Galicia Interior: Camiños de Innovación”, un plan de traballo conxunto encargado polo Eixo Atlántico e elaborado por un equipo coordinado polos profesores Enrique José Varela, Martín Fernández e Luís Ramos.

Ao acto asistiron os alcaldes dos tres concellos que forman o grupo Galicia interior: Claudio Garrido, Severino Rodríguez (Monforte) e Alfredo García (O Barco), así como o secretario do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

A publicación, editada nun volume de 125 páxinas, recolle o estudo de campo realizado polos técnicos sobre os proxectos en común que poden afrontar este tres concellos e que poden resultar de vital importancia para que poidan atopar unha saída á situación actual de crise económica.

Xoán Mao explicou que desde o Eixo non poden ofrecer “fórmulas nin medicamentos máxicos para saír da crise”, pero ofertan as liñas mestras para que os seus membros sigan un programa común que poden axudar a potenciar sectores económicos que axuden a solucionar esta situación.

O profesor Enrique Varela explicou aos asistentes ao acto que o estudo realizado polos técnicos dotaría aos concellos dunha base de proxectos que poden executar conxuntamente para potenciar sectores que por si sós non conseguirían avanzar demasiado. Destacou o carácter voluntario das propostas e incidiu na gran relevancia do traballo en común entre as administracións locais.

“Axenda Estratéxica Galicia Interior. Camiños de Innovación”, dá continuidade a un ciclo de proxectos de análise estratéxica que o Eixo Atlántico comezó anos atras  coa definición da súa propia Axenda Estratéxica, continuo coa da  Eurociudade Verín-Chaves e coa Asociación Galicia Central.

O obxectivo fundamental da Axenda Estratéxica é o de organizar as prioridades que os concellos de Sarria, O Barco e Monforte desexan acometer como retos crave para os seus territorios nos próximos anos. Desta forma, a Axenda Estratéxica serve para apoiar e justificar a toma de decisións dos concellos en materias como o desenvolvemento sustentable, a enerxía, o turismo, o desenvolvemento económico ou a xestión de servizos locais; sempre baixo a óptica da cooperación local e coa participación directa doutros niveis de goberno, como o da Xunta de Galicia ou da Unión Europea, a través dos seus respectivos fondos e programas.

Algúns dos proxectos comúns que propoñen son a creación dun estatuto para a Galicia Interior, un parque empresarial dividido en sectores ou o deseño compartido dun proxecto de mellora da auga.

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio