
Tes unha aula CeMIT na Casa da Cultura de Sarria ( Planta 0 )
O horario de aula aberta, para o uso libre dos equipos, será martes e xoves de 11:00 a 13:30 h e , luns, mércores e venres de 17:00 a 19:00h.
O horario da aula estará suxeito a cambios en función da planificación das actividades de formación e difusión que se realicen mes a mes

Distintos servizos teñen como público obxectivo diferentes grupos:
A cidadanía en xeral, os profesionais das TIC, as empresas, micropemes e autónomos, os empregados públicos e asociacións.
Podes utilizar a aula CeMIT para realizar:
- Cursos de formación e relatorios.
- Teleformación.
- Roldas de prensa.
- Videoconferencias/multivideoconferencias.
- Reunións de traballo.
- Visionado de audiovisuais.
- Edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual.
- Xestións coa Administración Pública, comercio electrónico, banca por Internet, seguimento de novas, etc.
- Uso do DNI electrónico.
- Xogos en rede.
- Conferencias.

|