Galician English French German Spanish
Inicio Concello Medio Ambiente
30 | 09 | 2020
Punto Limpo

 

Punto Limpo

Punto Limpo é o lugar de recepción e depósito de residuos domésticos que necesitan un proceso especial de recollida e tratamento.

Este servizo é totalmente gratuito para particulares.

Horario:

Luns e Mércores: 9:00 a 15:00 h

Martes e Xoves : 15:00 a 21:00 h

Lugar:

POL. IND. DO MORELLE

Temos un servizo municipal de recollida a domicilio de residuos *voluminosos que se realiza porta a porta dúas veces ao mes.

Aviso de suspensión do servizo de recollida a domicilio de residuos voluminosos. Queda suspendido o servizo de recollida a domicilio de residuos voluminosos ata novo aviso por peche temporal da empresa de tratamento de residuos. Durante este período, prégase que, na medida do posible, non se depositen residuos no Punto Limpo.

Para solicitar o servizo chamar ao teléfono 982 53 50 00 indicando dirección de recollida e tipo de residuo.

Os residuos admisibles no punto limpo clasifícanse seguindo a seguinte relación:

Banais:

  • Vidro
  • Papel
  • Cartón
  • Metais: aluminio, ferro, cobre, bronce, aceiro inoxidable...
  • Plásticos
  • Madeira

*Voluminosos

  • Electrodomésticos
  • Mobles
  • Colchóns
  • Somieres
  • Caixas
  • Marcos e portas

Tóxicos e perigosos

  • Aceites de motor
  • Aceite vexetal
  • Lámpadas de vapor de sodio, mercurio...
  • Baterías de automóbil
  • Pilas
  • Radiografías
  • Tubos fluorescentes

Residuos NON Admisibles

  • Lixos domésticos
  • Pneumáticos
  • Recipientes voluminosos metálicos ou plásticos maiores de 25 litros que contivesen produtos tóxicos ou perigosos
  • Medicamentos
  • Residuos infecciosos
  • Residuos radioactivos
  • Residuos de pinturas, disolventes

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio