Galician English French German Spanish
Inicio
28 | 10 | 2021
Selecciona el título de una noticia de la lista siguiente para leerla.

Proxecto “Eu Camiño” do programa "Xuventude en Acción"

 

A Concellería de Turismo,Comercio,Igualdade e Xuventude do Concello en colaboración coa Xunta de Galicia participa no proxecto "Eu Camiño", de carácter europeo, enmarcado no programa Xuventude en Acción, que dotará ao Camiño por primeira vez dun voluntariado internacional, que garantirá aos peregrinos a atención en distintas linguas da Unión Europea.

Os 30 participantes que se incorporan oficialmente hoxe ao proxecto proceden dun total de 18 países: Alemaña (2 voluntarios), Austria (1), Bélxica (1), Estonia (2), Francia (1), Grecia (2), Holanda (1), Hungría (2), Italia (4), Letonia (2), Lituania (2), Luxemburgo (1), Noruega (1), Malta (1), Polonia (1), Portugal (1), Reino Unido (3) e Romanía (2).

No concello de Sarria permaneceran 9 voluntarios

  • Todos os voluntarios europeos,de entre 18 e 30 anos, participaron  no mes de abril nun curso de formación en Santiago de Compostela, e que incluirá formación lingüística e formación técnica relacionada co Camiño de Santiago e coas actividades que van a desenvolver, así como sobre o propio programa de Xuventude en Acción.
  • Unha vez que teñan rematada a súa formación, os 30 voluntarios distribuíranse ao longo do Camiño francés, nos principais puntos de afluencia de peregrinos. En concreto, colaborarán nos albergues de O Cebreiro, Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino e Santiago.No concello de sarria pernaneceran 9 voluntarios de diferentes nacionalidades
  • Desde este momento, os participantes europeos desenvolverán distintas tarefas. Deste xeito, apoiarán a acollida de peregrinos nos albergues, axudando aos hospitaleiros na súa recepción e distribución; realizarán un servizo de información sobre o Camiño de Santiago, tanto de forma directa aos peregrinos como de xeito indirecto (edición de folletos en distintas linguas); e colaborarán en actividades de difusión do Camiño de Santiago, dando a coñecer os outros trazados e recollendo datos e materiais para logo difundir o Camiño nas súas localidades de orixe.
  • Ademais, ocuparanse de desenvolver actividades interculturais, nas que poidan falar dos seus países de orixe á xente das súas comunidades, a través de presentacións, documentais, películas ou obradoiros. Tamén se encargarán de difundir o programa de Xuventude en Acción entre os peregrinos e entres os mozos e mozas das súas localidades de acollida.
  • Así, co paso do tempo, os voluntarios levarán a cabo un proxecto persoal de acordo coas súas preferencias, capacidades e habilidades.
  • É preciso lembrar que os voluntarios terán uns coordinadores locais ,NESTE CASO OS COORDINADORES SERAN OA ENCARGADA DE O.M.I.X  E A ENCARGADA DA OFICINA DE TURIMO que lles proporcionará toda a información e asesoramento que precisen.
  • Finalmente, no mes de outubro, realizarase en Santiago unha avaliación final do proxecto e elaborarase o material recollido polos voluntarios (fotografías, vídeos, anécdotas, entrevistas...) co fin de que sirvan de promoción do Camiño de Santiago nos seus países de orixe.
  • ASI MESMO AS PERSOAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR COMO VOLUNTARIOS NO CAMIÑO PODERAN INFORMARSE NA O.M.I.X DO CONCELLO de Sarria ou na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no TELEFONO solidario 900 400 800.

 

  Compartir
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio