Galician English French German Spanish
Inicio
28 | 10 | 2021
Selecciona el título de una noticia de la lista siguiente para leerla.

Aprobados os pregos que rexeran a redacción do proxecto da piscina climatizada

 

 

Aprobados o mércores 30 de decembro en Comisión de Goberno os pregos de clausulas administrativas particulares que rexeran o servizo para a redacción do proxecto básico e de execución, e estudio de seguridade e saude da obra de construcción dunha piscina cuberta e climatizada e posterior dirección de obra.

O presuposto aprobado ascende a 52.200 euros e o traballo deberá estar redactado nun mes e medio ou dous meses. A piscina climatizada terá dous vasos e, dentro do mesmo edificio, disporá das seguintes dependencias:

    • O vestíbulo e control de accesos.
    • Dúas piscinas, a principal de 312 m2 de lámina de auga e 6 calles de natación, de dimensións aproximadas de 25x12,50 m.; e a de ensino ou de 96 m2 de superficie aproximada. A orientación da mesma deberá contemplar que a cara soleada do edificio debe de corresponder coa piscina e a zona fresca coa sala de Fitness e as Salas polivalentes.

    • Posibilidade para una zona SPA con piscina hidromasaxe, outra de relaxación e unha de tonificación, ademáis dunha sauna.

    • Vestiarios e aseos de servicio dos usuarios do complexo. Estarán divididos en masculino e fiminino, e cada un de eles permitirá o uso por discapacitados, con duchas, inodoros, lavabos e zona de taquillas. Deberán teren unha capacidade mínima para 100 persoas, con posibilidade de ampliación.

    • Vestiarios para nenos, de utilización mixta, para que poidan seren acompañados polos pais.

    • zona de Administraicón do complexo.

    • Vestiario para os monitores, estes ultimos con aseo, ducha e taquillas incorporadas.

    • Almacén de limpeza e dependencias de mando de instalación.

    • Ximnasio con visualización directa sobre as piscinas.

    • Accesos a planta superior onde ubicaranse dúas salas polivalentes e unha apta para instalar bicicletas, ademáis de un ximnasio.


      PREGO DE CLAUSULAS ADMINISTRATIVAS

  FOTOS PARCELA

 

 

 

 

 

 

 

  Compartir
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio