Area de Baleirado de Autocaravanas |
| O Concello de Sarria acaba de finalizar as obras do Área de Baleirado de Autocaravanas ubicadas na C/Castelao, á beira do polideportivo novo, e na zona deportiva e recreativa do Chanto á beira e na contorna do río Sarria. Nos próximos días procederase á inauguración e entrada en servizo desta Área de Baleirado de Autocaravana. | Esta importante obra foi realizada en colaboración coa Dirección Xeral de Turismo dá Consellería de Industria da Xunta de Galicia, que financiou con 23.315 € a execución da obra, que conta con todos os servizos necesarios para a hixiene e sanidade das autocaravanas, e dá cumprimento ao compromiso adquirido por este goberno municipal coas Asociacións de Autocaravanas, para que Sarria como centro da comarca de Sarria, e sobre todo vila máis importante do Camiño de Francés, poida ofrecer a todos os que o necesiten este importante servizo. |  |
|
|